Entrevista co alcalde de Nigrán, Juan González.
Eneas Valverde é un dos nomes que deixa o loito nas comarcas logo do fatal suceso que tivo lugar esta fin de semana en Cerdedo-Cotobade, municipio no que caiu ao río Lérez un autobús o 24 de decembro.
O veciño de Nigrán, Eneas Valverde, é a vítima máis nova do accidente. Con 21 anos, estaba ligado ao mundo do boxeo onde «tiña unha gran proxección», segundo aseveran, e a súa familia rexdnta varios negocios locais no municipio.
O alcalde, Juan González, explica en Si Radio que se achegou ata o lugar do suceso cando lle avisaron que un dos falecidos era Eneas Valverde e recoñece que «ninguén poderá esquecer o que pasou».
Podes escoitar a entrevista completa, aquí: