O comité de Vitrasa acusa a dirección de non querer negociar o convenio mentres non acepte unha baixada de salarios.
«Parece que a Abel Caballero se lle olvida solucionar cuestións de servizos públicos cando se trata de el». Así o di o voceiro do sindicato CIG en Vitrasa, Imanol Arnoso, en referencia ao alcalde de Vigo ao que lle reclama «que medie coa empresa».
E é que o comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do servizo de transporte interurbano do Concello de Vigo, acusou á dirección de negarse a negociar un novo convenio colectivo até que o cadro de persoal non acepte unha baixada de soldos, unha vez que o xulgado botou abaixo a súa intención de inaplicar o actual convenio en materia salarial. Neste contexto, traballadores/as da compañía do grupo Avanza mobilizáronse diante do consistorio para reclamar unhas condicións de traballo dignas.
Escoita a entrevista completa con Imanol Arnoso,aquí: