miércoles, noviembre 27, 2024
InicioNewsO PaísO Gordo deixa máis de 360 millóns de euros en Galicia

O Gordo deixa máis de 360 millóns de euros en Galicia

A Fonsagrada, A Coruña e Cambre foron as tres localidades galegas nas que o 5.490 deixou máis fortuna do premio Gordo do sorteo extraordinario de lotaría de Nadal.

Xerente da Administración de Lotería da Coruña que despachou o Gordo:

 

O Gordo tamén deixou algo de fortuna en Vigo, Porriño, Poio e Noia. Un décimo tocou en cada unha destas catro localidades e cada décimo está premiado con 400.000 euros.

En Galicia o Gordo deixou en total 361.600.000 millóns de euros; principalmente na cidade da Coruña, onde a administración da Avenida de Barcelona vendeu 45 series –180 millóns de euros– e tamén na Fonsagrada, onde a administración número uno repartiu outros 180 millóns.

Na Coruña foron vendidas un total de 45 series do 05490 , na administración situada no número 56 da rúa Barcelona da Coruña; desas 45 series, 30 foron despachadas en Cambre, a parrillada Gaucho Díaz I, de O Temple.

Cada serie está premiada con 4 millóns de euros, polo que desde o despacho coruñés repartíronse 180 millóns de euros, unha cuarta parte do total do gordo da lotaría de Nadal.

No que respecta ao resto de premios, un dos cuartos premios, o 25.296 euros, vendeuse en Tui, Bueu, Vigo, Illa de Arousa, Xinzo de Limia e Ourense.

Dous quintos premios tamén deixaron fortuna en Galicia; O 88.509 vendeuse en Vigo e na Illa de Arousa. O 87.092 despachouse en Santiago de Compostela, Xinzo de Limia, Vigo e A Illa de Arousa.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS