viernes, octubre 18, 2024
InicioComarcasLouriñaMáis de 800 quilos de alimentos solidarios

Máis de 800 quilos de alimentos solidarios

Estudantes de 3º de ESO do Colegio Lar, en Mos, coordinaron o proxecto en colaboración co Banco de Alimentos de Vigo para axudar ás familias máis necesitadas da comarca

Ás portas do Nadal é cando máis se fan notar os xestos solidarios na sociedade e tamén no Colegio Lar que, coa chegada destas datas tan sinaladas, quixeron reforzar o seu labor solidario que xa vén realizando sempre ao longo de todo o curso.
Así, en liña cos valores de solidariedade e cooperación que transmiten desde o centro cada día, sensibilizando coa complicada situación que moitas familias atravesan actualmente, o Colegio Lar levou a cabo unha recollida de alimentos non perecedoiros que foron doados ao Banco de Alimentos de Vigo.
O alumnado de 3º de ESO coordinou o proxecto, para o cal foron clase a clase para explicar a tódolos seus compañeiros que tipo de alimentos deberían traer e encargáronse logo de recollelos e clasificalos. A cantidade total doada foi de 814 quilos.
Como broche final á iniciativa, os estudantes visitaron as instalacións do Banco de Alimentos de Vigo, axudando a preparar lotes para que nas mesas das familias máis vulnerables non falten os produtos típicos de Nadal, e é que a demanda de axuda nestas datas é a máis grande de todo o ano.
Desde a Dirección do Colegio Lar agradecen a colaboración de toda a comunidade educativa na dozaón de alimentos e moi especialmente ao alumnado de 3º de ESO polo seu esforzo, responsabilidade e implicación no proxecto

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS