A factoría de Stellantis Vigo con preto de 6.400 traballadores negociará para xaneiro de 2023 un novo ERTE. Presente segue a carencia de microchips e as dificultades loxísticas para exportar os vehículos fabricados
A negociación do novo Expediente de Regulación de Emprego (ERTE) que vén de confirmar a dirección da empresa de Stellantis Vigo sucede nun momento no que a Xustiza trata de dirimir se a factoría ten que repetir o último proceso electoral ou non.
A crise dos microchips volve ser o motivo destenovo ERTE sobre unha factoría con 6.400 traballadores.
No contexto, este 23 de decembro pararase a rodución de vehículos até o próximo 3 de xaneiro.
Ante a previsión de que continúen as paradas pola falla de microchips, Stellantis Vigo vese obrigada a negociar un novo ERTE aínda que todavía non se saben as datas de negociación cos sindicatos.