miércoles, noviembre 27, 2024
InicioComarcasLouriñaMos asina e paga a compra dos terreos para ampliar o parque...

Mos asina e paga a compra dos terreos para ampliar o parque da auga da Pesqueira

O espazo de lecer converterase nunha área de case 8.500 metros cadrados

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acompañada polo secretario municipal, Carlos Piñeiro Sarmiento, asinou esta mañá na notaría do Porriño, xunto cos propietarios e propietarias dos terreos, a compra e o pago das parcelas necesarias para ampliar o parque da auga da Pesqueira. Trátase do último trámite administrativo antes de poder comezar a obra.
A mediados do mes de xuño do pasado verán aprobouse en Xunta de Goberno Local o expediente de contratación e pregos de compra de terreos para a ampliación do Parque da Auga da Pesqueira.
A actuación proposta polo Concello de Mos no devandito parque dará resposta á gran demanda de usuarios da xa existente primeira fase desta infraestrutura de lecer ao aire libre, ao carón do Paseo do Río Louro, na Pesqueira, parroquia de Mos.
Trátase pois dun interese público para o que xurdiu a necesidade de adquirir unhas parcelas colindantes co actual parque municipal da auga na Pesqueira. Xa que actualmente o espazo do parque existente quédase curto para absorber a elevada demanda de zonas de esparcemento público para as persoas. O parque actual está diferenciado en 4 zonas que acollen parque da auga, parque infantil, zona elementos biosaludables e zona de esparcemento.
Preténdese, coa adquisición das parcelas, ampliar as 4 zonas dotándoas de máis elementos de xogo e esparcemento, e acadando unha superficie final total de 8.477,00 metros cadrados. Resulta idónea a ampliación do parque existente porque está no Paseo do Louro, o que supón unha vantaxe de excelente localización como área de lecer dunha zona moi transitada. Na zona non existen outras parcelas que reúnan as condicións con igual idoneidade para a finalidade pretendida, porque son todas colindantes co actual parque.
A superficie actual do parque municipal da auga da Pesqueira ascende a 3.710,00 metros cadrados, máis a superficie a adquirir para realizar a ampliación de 4.767,00 metros cadrados, suporá un parque da auga de superficie total final de 8.477,00 metros cadrados.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS