miércoles, noviembre 27, 2024
InicioComarcasLouriñaA primeira edición do D-gusta Porriño entrega os seus premios

A primeira edición do D-gusta Porriño entrega os seus premios

Os gañadores recibiron as 10 tarxetas por valor de 50 euros e unha de 500 euros para gastar na hostalería e comercio local

O salón de plenos do Concello do Porriño acolleu o acto de entrega dos premios as/aos gañadores/as do sorteo realizado aos participantes na primeira edición da ruta de pinchos e tapas `D-Gusta Porriño´, organizada por Ahospor en colaboración co Concello do Porriño.
As dez tarxetas por valor de 50 euros, para gastar no comercio e hostalería local, corresponderon a Noelia García, Elena Gonzales, Cristina Blanco, Nuria Acuña, Ángeles Domínguez, Carlos Gómez, Melody Márquez, Ana Lucía Fernández, Mari Luz Rodríguez e Sheila Rodríguez.
O premio de maior valor, a tarxeta por valor de 500 euros, tocoulle a Andrés Bargiela, veciño da parroquia de Torneiros.
Eles/as foron os agraciados entre os máis de 5.000 trípticos selados que se entregaron durante o evento gastronómico e onte recibiron as súas tarxetas de mans do alcalde, Alejandro Lorenzo; do presidente de AHOSPOR, José Manuel Fernández, e od director de Abanca no Porriño, Jorge García, que colabora co evento coas tarxetas de compra.
O rexedor felicitou aos/as gañadores/as e tamén aos organizadores polo éxito do evento gastronómico “que cumpriu sobradamente co seu obxectivo de dinamizar a economía local e tamén deu boa mostra da calidade e nivel da nosa hostalería”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS