miércoles, noviembre 27, 2024
InicioO PaísOurenseOurense detecta aumentos de velocidade e anuncia máis controis

Ourense detecta aumentos de velocidade e anuncia máis controis

A Policía Local de Ourense vixiará a velocidade nas principais vías da cidade este Nadal, despois de que se detectase un aumento das violacións dos límites establecidos nos últimos controis.

«Nunha soa hora de control na avenida de Otero Pedrayo detectáronse case 50 excesos de velocidade e impuxéronse 29 sancións», afirma Telmo Ucha, concelleiro de Seguridade cidadá, «mesmo cando se fixo con vehículos rotulados e a plena luz do día».

É por iso que a Policía Local realizará unha campaña de control especial durante estas datas, tanto en coches perfectamente identificables como noutros sen rotular, para concienciar acódelas usuarias da vía sobre os perigos de exceder os límites, tanto para a súa seguridade como para a dos peóns, xa que desde a Xefatura da Policía Local está a detectarse un aumento na velocidade media dentro da cidade.

Estes controis realizaranse en horario diúrno e nocturno, polo que o concelleiro recomenda reducir a velocidade dentro do centro urbano e aplicar sentido común ao volante este Nadal.

A proliferación dos controis de velocidade con radar acompañará a próxima instalación de cámaras de vídeo vixilancia en rúas de acceso restrinxido, así como en puntos conflitivos, caso da contorna da zona termal e no polígono das Coiñás, no barrio do Vinteún.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS