Entrevista coa candidata do BNG para obter o bastón de mando da vila do Tea, Cristina Fernández Davila.
«Calquera outro goberno sacaría maioría absoluta cos proxectos que levamos acabo en Ponteareas». Así o di a candidata do Bloque Nacionalista Galego e actual alcaldesa, Cristina Fernández Davila, nos micrófonos azuis de Si Radio de Galicia, onde apuntou que «agora queda explicalos aos veciños e as veciñas porque igual non o fixemos o suficiente». Di a candidata do BNG que aspira a atraer empresas e facer de Ponteareas unha vila máis dinámica e moderna.
En canto ás persoas que lle acompañarán na candidatura, di que «haberá caras novas e que seguirán outras que se presentaron tamén con Xosé Represas e tamén das que estamos no goberno». Aspira Fernández Davila a «conseguir os máximos resultados posibles» pero no caso de que as contas non den por separado, explica, estarían dispostos a revalidar o pacto co Partido Socialista.
Escoita a entrevista completa aquí: