miércoles, noviembre 27, 2024
InicioComarcasLouriñaSubcampión Galego e terceiro de España, Gustavo Freiría, no máis alto da...

Subcampión Galego e terceiro de España, Gustavo Freiría, no máis alto da hípica con tan só 9 anos

Este cativo mosense foi galardoado na XXV Gala da Hípica da Federación Galega de Hípica

O Concello de Mos acolleu a recepción ao deportista mosense Gustavo Freiría Santos, que vén de lograr, no seu primeiro ano de competición na disciplina deportiva da hípica, uns excelentes resultados nos Campionatos de España e Galego na Categoría de Ponis A. Foi terceiro no Campionato de España de Salto, segundo no Campionato Galego de Salto e terceiro no Campionato Galego de Doma Clásica. Tres metais, dous bronces e unha prata, en competicións do máximo nivel nos ámbitos autonómico e nacional.

Por elo foi recoñecido e galardoado na XXV Gala da Hípica da Federación Galega de Hípica, que se celebrou o pasado 26 de novembro en A Coruña, e esta semana foi recibido no seu Concello, acompañado polo seu pai, José Manuel, e a súa adestradora Ana, e felicitado pola acaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, José Areal, e demais membros da corporación municipal.

Ademais Gustavo compite coa Hípica JC de Torroso Mos, polo que os seus resultados son celebrados dobremente desde Mos

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS