España non apoiou a proposta de reparto de cotas de pesca para 2023 proposta pola UE pero unha vez aprobada o ministro de Pesca, Luis Planas, considera que é de «bos resultados» para o noso país.
Lográronse incrementos de capturas en especies importantes para a frota, como a pescada, o rape, o galo e, mesmo, reconducíronse os recortes expostos para o linguado e o abadexo -que seguirán como este ano- e porque se conseguiron limitar os recortes no Mediterráneo.
Os maiores logros están en canto á pescada de augas ibéricas, para a que se estableceu un TAC de 9.953 toneladas, unha cota que duplica o do 2022, supera nun 10 % a cota revisada este ano e constitúe a mellor cifra en 8 anos, para tranquilidade dos 1.200 barcos do Cantábrico que viven desta especie.
A cota da xarda aumenta un 20 %, até as 29.439 toneladas. E a diferenza doutros anos será íntegra para os 900 barcos do norte que a explotan, dado que, por fin,acabouse de pagar a multa pendente por sobrepesca.
A anguía terá unha veda de seis meses no canto de tres que se poderá aplicar en dous períodos, e conseguiuse esquivar a prohibición total de captura do xurelo. Con todo aprobouse un TAC de 3.271 toneladas, e só se poderán capturar de forma dirixida. Queda só para accesoria, o que augura un mal ano para o cerco galego, que xa o viña ver, pesca moi dependente desta especie. Neste sentido é un mal reparto para Galicia segundo denunciou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o presidente, Alfonso Rueda.