Entrevista co candidato a obter o bastón de mando do municipio polo Partido Popular, Santiago Rodríguez.
«Se consigo a alcaldía de Salceda de Caselas reducirei o custo do goberno municipal nun 20%». Así o di o que xa é o candidato oficial á alcaldía do municipio polo Partido Popular, Santiago Rodríguez para os informativos locais e comarcais de Si Radio. Apunta que «non é lóxico que nos tempos nos que estamos se destinen máis de 265.000 euros para isto».
Amáis, recoñece que «se non consigo a maioría absoluta, Movemento Salceda e o Partido Socialista volverán a pactar».