Entrevista con Sofía Carballo e Alba Ortiz.
O Club Natación Ponteareas sumou un novo éxito ao conquistar o equipo feminino o campionato Galego Absoluto de natación de inverno disputado no Complexo Deportivo Frigsa de Lugo. A cita congregou a 300 deportistas de 26 clubs diferentes. Durante os tres días de competición mellorarónse varias marcas de idade e algúns récords galegos.
Sofía Carballo explica en Si Radio que «a natación é un deporte moi duro porque eu levántome ás 06:00 horas para ir a adestrar antes do instituto e logo do insituto volvo». Esta fin de semana disputan as probas para ascender de liga a nivel nacional e a Alba Ortiz apunta que «imos a arrasar, temos esa débeda de estar en primeira división».
Escoita a entrevista completa aquí: