martes, noviembre 26, 2024
InicioComarcasO CondadoOs comercios de Ponteareas decóranse con árbores feitas a man

Os comercios de Ponteareas decóranse con árbores feitas a man

Os establecementos de Ponteareas locen ás súas portas árbores de Nadal feitas a man pola asociación Adapta e alfombras vermellas que lle dan cor.

O Concello colabora coa Federación de Comercio, Hostalaría e Servicios, Banastra, e coa asociación Adapta na creación de elementos decorativos que permitan encher o comercio local de cor, “dinamizar a actividade durante unha das campañas máis importantes do ano e animar a toda a veciñanza a saír as rúas e mercar nos establecementos de Ponteareas, porque comprando no comercio local énchese de vida toda a vila”, explica a alcaldesa, Cristina Fernández Davila.

O Concello colaborou na adquisición do material para elaborar estas decoracións, así como no seu reparto entre os comercios e na compra e colocación das alfombras vermellas que estarán na rúa nas entradas dos establecementos.

Nesta ocasión Banastra retomou a colaboración que xa se levou a cabo noutras ocasións co Concello e encargouse de coordinar ao comercio local, deseñar, adquirir materiais e traballar man a man con Adapta e no reparto co Concello.

A través desta colaboración as usuarias e usuarios do programa de persoas con discapacidade da asociación Adapta crearon máis de cen árbores que estarán colocados nos establecementos asociados de Banastra en Ponteareas. “Despois dunha campaña para o Día da Nai pensamos que tivo moito éxito criamos que no Nadal tiñamos tamén que por en marcha algunha iniciativa similar. E é un orgullo ver as ganas coas os usuarios e usuarias de Adapta levan traballando arreo durante todo o mes”, salienta a presidenta de Banastra, Pilar Carrera.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS