domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaO Nadal acende no Porriño no Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O Nadal acende no Porriño no Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Representantes de varias asociacións de persoas con discapacidade da contorna serán os encargados de premer o botón que iluminará a vila nunha tarde con música, espectáculos infantís e moita maxia

O Porriño ultima os preparativos para celebrar o Nadal por todo o alto.
Este ano o pistoletazo de saída será este sábado, 3 de decembro, co acendido do alumeado na praza Arquitecto Antonio Palacios.
Unha data que non é aleatoria, pois coincide coa conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, algo que o Concello do Porriño quere poñer en valor. Así, representantes de varias asociacións de persoas con discapacidade serán os encargados de premer o botón que iluminará a vila.
A partir das 17.00 horas comezarán os actos coa actuación do grupo de gaitas San Xurxo de Mosende e as Cantareiras Acordecans de Cans. Os máis pequenos poderán desfrutar tamén do espectáculo infantil “A bailar no Nadal”.
Tralo acto de acendido haberá música en directo con Noemí Fernández e Iker Faure que ofrecerán un concerto

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS