domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasO CondadoFalece unha persoa de 23 anos en Ponteareas ao ser atropelado na...

Falece unha persoa de 23 anos en Ponteareas ao ser atropelado na N-120

O suceso tivo lugar á altura da igrexa dos Remedios.

Unha persoa de 23 anos de idade falece este mércores en Ponteareas a causa dun atropelo na N-120, ao seu paso por Ponteareas. Foi un particular o que deu aviso dun atropelo á altura da igrexa dos Remedios ao 112 Galicia minutos despois de que deran as 07:00 horas. Ata o lugar desprazaronse os servizos sanitarios pero, a pesar dos esforzos, non puideron salvarlle a vida. Acudiron tamén a Policía Local e a Garda Civil de Tráfico. 

Segundo fontes dos efectivos que acudiron ao lugar dos feitos, o conductor, que conducía un turismo, atropelouno no momento que o falecido cruzaba a estrada aínda que, arestora, estase investigando se o facía polo paso de peóns. Foi o propio conductor o que alertou ao 112 Galicia sobre o suceso. Todo apunta a que o mozo, de 23 anos e que as súas inicais son F.P.S dirixíase cara a parada de autobuses que se atopa nese punto kilométrico da N-120.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS