A Policía Nacional detivo a un home duns 30 anos pola morte a coiteladas de Cristina Buján, de 42 anos, no dormitorio dela o domingo á noite.
Manuel Arias, xefe da Policía Nacional:
Os axentes dan por pechada a investigación sobre a autoría do crime de Cristina Buján, a muller de 42 anos, que rexentaba unha tenda no barrio da Milagrosa, en Lugo, e que apareceu acoitelada no seu dormitorio o domingo pola noite.
Un mozo duns 30 anos, de orixe colombiano, foi detido este martes pola mañá como presunto autor do crime.
O presento asasino podería ter coñecido a Cristina na noite do sábado ao domingo e acompañala á súa casa despois de saír de copas.
O caso está baixo segredo de sumario e nas próximas horas prevese que se realice a reconstrucción dos feitos na casa da vítima.