lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasVigoMorre aplastado un traballador no estaleiro Cardama de Vigo

Morre aplastado un traballador no estaleiro Cardama de Vigo

Un traballador de 42 anos faleceu en Vigo este xoves a media mañá ao caerlle enriba unha prancha de aceiro cando descargaba un camión.

Accidente laboral mortal no estaleiro Cardama, en Vigo. O accidente produciuse ás 11.10 horas cando el e outros compañeiros transportaban un bloque de aceiro de grandes dimensións, que caeu do camión no que se atopaba caendo á súa vez xusto enriba do operario, empregado dunha subcontrata.

Os sindicatos CC.OO, CIG e UXT convocan unha parada e manifestación para este venres 25, saíndo de diferentes estaleiros ás 9.30h até Praza da Estrela, onde esixirán «maiores medidas de seguridade e retomar dunha vez as mesas do sector naval, entre elas a de Prevención de Riscos que leva máis de 12 meses sen convocarse».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS