Entrevista coa candidata á alcaldía, María José Pino.
«O primeiro que farei se son alcaldesa de Nigrán é sacar adiante o PXOM porque non pode ser que as mozas e os mozos se teñan que ir a vivir fóra porque o prezo da vivenda estea desorbitada». Así o explica en Si Radio de Galicia a que é a candidata polo Partido Popular á alcaldía do municipio do Val Miñor. De feito, asegura, «nas listas irán dous arquitectos, que me axuden a sacalo adiante».
Escoita a entrevista completa con María José Pino, aquí: