A situación vaise normalizando ao cesaren as chuvias. As parroquias máis afectadas foron a de Moreira e as inmediacións da praia fluvial da Freixa.
A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, explica que a situación se vai normalizando co cese das chuvias nas últimas horas.
Garaxes e plantas baixas das vivendas víronse cubertas de auga.
Do mesmo xeito foi preciso cortar dous viais para evitar que os vehículos puidesen quedar inmovilizados.
O nivel do río Tea vai baixando pouco a pouco coa detención das precipitacións nas últimas horas.
Veciñas e veciños da parroquia de Moreira tiveron que subir ao andar superior das súas vivendas ao quedar anegada a planta baixa polo desbordamento do río Tea.
O mesmo aconteceu nas inmediacións da praia fluvial da Freixa, onde o desbordamento do río deixou zonas anegadas.