lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasLouriñaMos clausura o seu 7º Programa Integrado de Emprego

Mos clausura o seu 7º Programa Integrado de Emprego

O programa no que participaron máis dun cento de persoas incluíu orientación laboral, accions formativas, prácticas en empresas e intermediación laboral con empresas

Clausurouse o Programa Integrado de Emprego- Concello de Mos, na súa Edición 2021-22, coa asistencia de 40 persoas entre equipa técnica, representantes institucionais, empresas colaboradoras e profesionais da Orientación e Prospeción Laboral.

No acto de clausura tivóse a oportunidade de pechar dita edición cun panel de experiencias no que dar visibilidade ao traballo compartido durante 12 meses, no que interviron Natalia Diéguez de Talleres Vamo SL, Jose M. Sío de Cristal Sío SL, Mónica Cabaleiro de Forest Green, Yolanda Santos de Lusant Formación SL e Susana Iglesias, docente no Programa Integrado de Emprego.

Logo de aportar os datos cuantitativos dos resultados obtidos, servizos prestados, orientación, accións formativas desenvolvidas, prácticas en empresas e a intermediación laboral con empresas, realizados a máis de 100 persoas demandantes de emprego da contorna de Mos.

Seguidamente, Julia Loureiro Campo, Concelleira Delegada de Promoción Económica, Desenrolo Empresarial e Emprego, e Marta Mariño Regueiro, Xefa Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, fixeron extensivo o agradecemento polo traballo colaborativo compartido que fixo posible acadar todos os retos establecidos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS