lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasLouriñaAs Baloutas estrea céspede cunha festa do deporte

As Baloutas estrea céspede cunha festa do deporte

O Secretario Xeral para o Deporte participou na xornada lúdica que incluíu homenaxe ao equipo feminino da Unión Deportiva Mos recentemente ascendido a 1ª Autonómica e partido en casa do UD Mos Feminino en 1ª Nacional

Unha vez finalizadas as obras de renovación do céspede artificial do Campo de Fútbol Municipal de As Boloutas, cofinanciadas entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Mos, celebrouse este domingo nas devanditas instalacións deportivas un acto de presentación e portas abertas.
O evento tivo lugar antes do partido de 1ª División da Liga Nacional do UD Mos Feminino. O acto concibiuse como unha gran festa dirixida a todos os integrantes do fútbol base da Unión Deportiva Mos e ademais contou co recoñecemento e homenaxe ás integrantes do equipo de Fútbol Feminino Senior B (Filial) polo seu recente ascenso a 1ª Autonómica.
No acto estiveron presentes o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos; o xefe do Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Daniel Benavides; Camilo Augusto, tenente alcalde do Concello de Mos; José Areal, concelleiro de Deportes; demais membros do goberno local e da corporación municipal e representantes da RFGF, o vicepresidente José Manuel Fernández, o delegado Delfín e Eloísa Nogueira, Pablo Alonso Serodio, presidente da UD Mos e demais membros da directiva da UD Mos.
As Baloutas é un campo de fútbol polo que pasan en tempada entre 500 e 600 deportistas e 1.500 persoas á semana (entre público, pais/nais, familias… etc.) A Unión Deportiva Mos conta en total con 462 xogadores e xogadoras e 20 equipos, dos cales 5 son femininos. O número total de mulleres xogadoras da UD Mos ascende a 148. Ademais do UD Mos Feminino que xoga en 1ª Nacional, a Unión Deportiva Mos conta agora tamén con outro equipo feminino que ascendeu a Primeira Autonómica, o Senior B (filial), que logrou o ascenso o pasado 3 de setembro.
Para financiar o custe desta mellora do terreo de xogo en As Baloutas, próximo aos 200.000 euros, asinouse un convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Mos.
A Secretaría Xeral para o Deporte persegue, co mesmo, o obxectivo de apoiar á administración local mosense na mellora das infraestruturas deportivas municipais. Neste sentido é de interese da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a colaboración coas administracións locais para o fomento do deporte no ámbito municipal, xa que as actuacións que se pretenden desenvolver teñen como finalidade a mellora dunha infraestrutura deportiva de uso público.As Baloutas 3
O campo de fútbol de As Baloutas é unha instalación municipal referente en canto a volume de utilización por parte da veciñanza. A actuación acometida é a substitución de céspede artificial do campo de fútbol de As Baloutas. A tal fin a técnico competente, elaborou un proxecto técnico cun orzamento de 188.793,93 euros.
A Secretaría Xeral para o Deporte participou neste proxecto co obxectivo de potenciar o deporte base, sendo consciente da importancia da súa colaboración económica cos concellos para afrontar obras que beneficien ao conxunto dos cidadáns para a práctica deportiva. A Xunta de Galicia presta así un apoio especialmente necesario neste caso.

Pola súa banda, os representantes municipais, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o edil de Deportes, José Areal, destacaron que “a necesidade da mellora desta infraestrutura deportiva é innegable, por ter sido instalado o anterior céspede no ano 2008 e ser As Baloutas un campo de fútbol polo que pasan en tempada entre 500 e 600 deportistas e 1.500 persoas (entre público, pais/nais, familias… etc.) á semana. Non cabe dúbida pois do interese público e da importancia desta actuación, ao tratarnos o Concello de Mos dun municipio que aposta forte polo deporte en xeral e polo deporte base en particular”. O proxecto técnico do Concello de Mos para a substitución de céspede artificial do campo de fútbol de As Baloutas é autoría da técnico municipal enxeñeira industrial Raquel González Gómez.
Como se dixo, o importe total das actuacións realizadas ao abeiro do convenio entre Xunta e Concello ascende á cantidade de 188.793,93 euros, IVE incluído. A Secretaría Xeral para o Deporte achegou 100.000 euros e o Concello de Mos os 88.793,93 euros restantes.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS