martes, noviembre 26, 2024
InicioComarcasVigoMorre un traballador de 57 anos ao caer dun tellado en Vigo

Morre un traballador de 57 anos ao caer dun tellado en Vigo

Un traballador de nacionalidade portuguesa e de 57 de idade faleceu este xoves nun accidente laboral ocorrido na parroquia de Santo André de Comesaña (Vigo).

O operario caeu desde un tres metros de altura mentres realizaba traballos no tellado dunha vivenda desta parroquia viguesa.

Tras o accidente desprazáronse até o lugar efectivos da Policía Nacional, da Policía Local e sanitarios do 061 que non puideron facer nada por salvarlle a vida a consecuencia das graves feridas que sufría debido á caída.

Segundo fontes policiais o traballador carecía de medidas de seguridade básicas.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS