miércoles, noviembre 27, 2024
InicioNewsO PaísA suba das peaxes da AP-9, pendentes da postura de Audasa

A suba das peaxes da AP-9, pendentes da postura de Audasa

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, apela a escoitar «as propostas que teña a empresa», ao ser preguntado por unha posible subida das peaxes na AP-9 en 2023 e se o Ministerio de Transportes daría o beneplácito.

«Agora as subidas anuais está a asumilas o Goberno», sinalou Miñones, quen, antes de dar unha resposta, considerou necesario «escoitar as propostas que teña a empresa» para dar daquela o Executivo conta do seu posicionamento. E «ver como facer con esa repartición de fondos», engadiu sobre o que nestes momentos se destinan á bonificación de viaxes.

«No que respecta á AP-9, temos moi clara nosa liña de ruta». «Os galegos e galegas están a gozalo desde hai un ano e medio, a bonificación do transporte, principalmente esa bonificación do 50% para viaxes de volta, que se incrementa se es un usuario cotián e que se eleva ao 100% en certos puntos», lembrou.

«Esa é a nosa liña de ruta, os incrementos que se produzan, como fixemos ao comezo do ano con ese cambio no decreto, de asumir o propio Goberno eses incrementos e que non fosen os usuarios da AP-9 quen teñan que asumir eses incrementos das peaxes», apostilou sobre o feito ata o momento e á espera agora de coñecer por parte de Audasa a súa postura sobre unha posible porcentaxe de incremento de peaxes en 2023.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS