martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsO PaísLores e Caballero, os alcaldes galegos que máis soldo teñen

Lores e Caballero, os alcaldes galegos que máis soldo teñen

Os alcaldes de Pontevedra e Vigo son so que tiveron un maior soldo en 2021. Miguel Anxo Fernández Lores (71.639 euros) e Abel Caballero (71.412 euros).

O MInisterio de Facenda fixo públicos os datos. E tamén deu a coñecer que unha ducia de rexedores de pequenos municipios non cobran polo seu cargo municipal, mentres hai 31 concellos que non ofrecen datos, entre eles Ourense, que dirixe Gonzalo Pérez Jácome.

Os rexedores de Pontevedra e Vigo xa foron en 2020 os que percibiron un maior salario, segundo a anterior listaxe publicando por Facenda, e mantéñense á cabeza do ranking, aínda que Lores fai constar que ingresou algo menos de mil euros menos en 2021. Caballero, pola súa banda, cobrou uns 637 euros máis.

Entre as sete cidades, tras Pontevedra e Vigo, en 2020 figuraba Pérez Jácome como o terceiro rexedor que máis cobraba (69.926 euros foi o dato oficial que trasladou), pero na listaxe de 2021 Facenda sitúalle como o titular dun dos concellos que non proporcionou información.

No resto das grandes cidades galegas: 
A Coruña, Inés Rei (69.218 euros)
Lugo, Lara Méndez (68.796 euros)
Santiago, Xosé Sánchez Bugallo (52.454 euros)
Ferrol, Anxo Mato (40.000 euros).
Todos eles percibiron polo seu cargo municipal salarios similares aos do anterior exercicio.

Máis aló das sete cidades, os alcaldes que perciben máis de 50.000 euros superan a ducia. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS