lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísAtopado con vida o octaxenario desaparecido en Vilar de Barrio

Atopado con vida o octaxenario desaparecido en Vilar de Barrio

Veciños que participaban no operativo de busca atoparon con vida a Delfín, o octoxenario que levaba desaparecido desde o sábado en Vilar de Barrio, nun lugar próximo á súa vivenda, no lugar de Porto.

Segundo a da Garda Civil, foi atopado pasadas as 12:00 deste luns e foi trasladado en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) para a súa valoración.

A voz de alarma pola desapación déraa o sábado ao mediodía un dos familiares do octoxenario. Desde entón, activouse un amplísimo operativo con membros da Garda Civil, de Protección Civil e veciños, entre outros.

Estaba prevista a saída dun helicóptero da Garda Civil en función das condicións climatolóxicas, aínda que finalmente non fixo falta o seu emprego. Tamén se mobilizaron patrullas con cans do Servizo Cinolóxico e un dos cans chegara a apuntar ao río Arnoia como posible paradoiro do ancián.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS