lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasLouriñaMáis de 120 deportistas disputaron no Porriño a final da XXVI Liga...

Máis de 120 deportistas disputaron no Porriño a final da XXVI Liga Galega de Baloncesto Adaptado

O Asdan impúxose na categoría Competición e o equipo do Aspanaex na Adaptada

O Porriño acolleu este mércores, 2 de novembro, a xornada final da XXVI Liga Galega de Baloncesto Adaptado. Máis de 120 deportistas déronse cita no polideportivo municipal para pechar a clasificación da competición organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado.
En total disputáronse 12 partidos nos tres campos habilitados. Xogadores e xogadoras do San Rafael , Celta Integra, Aspanaex, Saiar, San Rafael, Aspavi, Celta Integra Saladino C.B, Aspanaex, Mendez Núñez, Saladino C.A. e Asdan saltaron á pista para resolver o campionato nas diferentes categorías.
O equipo do Asdan impúxose finalmente na categoría Competición, seguido do Celta Integra e o San Rafael en segundo e terceiro posto, respectivamente.
Na categoría Adaptada o Aspanaex liderou a clasificación e Saiar e Saladino CB completaron o podio.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS