lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasLouriñaEste novembro D-gusta Porriño!

Este novembro D-gusta Porriño!

37 establecementos participan na primeira edición da ruta de tapas e pinchos a un euro, os venres e sábados de 19 a 23 horas.

O Porriño acolleu a presentación da primeira edición da ruta de pinchos e tapas D-Gusta Porriño, organizada pola Asociación de Hostaleiros do Porriño (AHOSPOR) en colaboración co Concello do Porriño e coa Xunta de Galicia.
Serán 37 os locais que ofrecerán as súas propostas culinarias ao módico prezo de 1 euro todos os venres e sábados de novembro, en horario de 19 a 23 horas.
“Haberá máis de 40 variedades de pinchos, xa que hai preparacións tamén para veganos”, explicou o presidente de AHOSPOR, Jose Manuel Fernández, “Estamos moi ilusionados e proba diso é a alta participación dos hostaleiros. Esperamos que vos gusten os nosos pinchos e agardámosvos no Porriño!”

Ademais de poder degustar as delicias que ten preparadas a hostalería local, todas as persoas que participen poderán participar no sorteo dun vale de 500 euros e dez de 50 euros para gastar no comercio e nos bares e restaurantes do Porriño. Para iso deberán completar os catro selos que poden obter consumindo o pincho dalgún dos locais participantes.

“Grazas a esta iniciativa teremos a oportunidade de demostrar a todo o mundo o potencial da nosa hostalería e do noso Concello. Hai un dito que di `Dime que comes e direiche quen es´, pois co D-Gusta imos demostrar o que somos e o bo gusto que temos”, concluíu o alcalde, Alejandro Lorenzo, convidando “a toda a veciñanza a achegarse ao Porriño e desfrutar xuntos dos nosos bares e restaurantes”.

Listaxe de locais participantes co pincho/tapa que ofrecen:

  1. A Francachela “Addiction de porco sobre reducción de salsa con especias”
  2. Adega de Montero Vinoteca “Pankodrilo espetado”
  3. Argentino 2 “Selección de pizzas”
  4. Asador A Tentación “Delicia de xamón asado tentador”
  5. Bar La Guía “Mini arepas e empanadas de raíña, aguacate, polo e carne”
  6. Bolboreta Café “Bolborepas”
  7. Cafetería El Pincho “Trío de chourizo, ovo e patacas”
  8. Cafetería El Sol “Bocatín de lombo con queixo e pementos”
  9. Cafetería Picoteos Alameda “Bombiña galega”
  10. Cafetería Platinum “Minihamburguesa con queixo”
  11. Camino de Santiago “Gula negra con ovo de paspallás e pan tostado de allo”
  12. Chicoria “Táboa de queixos do país con pan do Porriño”
  13. Don Kebab “Cazoliña turca”
  14. Doner Kebab Porriño “Arroz con carne”
  15. El Alambre del Abuelo “Albóndegas vexetais con salsa romesco”
  16. El Cincuentaycinco “Tostas elcincuentaicinco”
  17. Galibar centro “Lombo Galibar”
  18. Hotel Parque “Pintxo de pementos piquillo recheos de queixo”
  19. La Bendecida “Aliñas á grella con patacas ao forno á provenzal”
  20. La Bici “Bocatín La Bici”
  21. La Cueva “Potaxe de feixóns con verduras”
  22. La de Chato “Queso crema con anchoas y cherry”
  23. La de Evi Tapería “Saquiño con sorpresa”
  24. Liceum “Brochetín”
  25. Nómadas “Bocadiños de pasta filo de outono”
  26. O Lar de Lore “”Patacas Lar de Lore”
  27. O Xantar de Pepa “Zamburiña á galega”
  28. Origen Café “Triángulo caramelizado”
  29. Paso a Nivel “Ovos rotos con zorza”
  30. Salgueira “Gancho pincho”
  31. Scala “Albóndegas con arroz”
  32. Segredos Gastrobar “Cortiza Segredos”
  33. Tapería Maracaibo “O brochetazo: polo do curral con pataca da terra”
  34. The Classic “Pincho New Classic”
  35. Underground “Niño de gambas con choiva de coco”
  36. Urban Café “Costeliñas de porco á grella”
  37. Zentral “Zorza de polo con arroz”
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS