Aconteceu nas inmediacións da escola infantil A Galiña Azul de Baiona pero, por sorte, as chapas non causaron danos persoais.
Quedou nun bo susto pasadas as 7 da mañá desde luns, 31 de outubro. Os veciños dun edificio de Baiona, próximo a escola infantil A Galiña Azul, viron como o vento levou chapas e 4 chemineas da cuberta dun edificio.
O material arrincado foi caer ao xardín e a unha zona de aparcadoiro próxima que foi acordoada pola Policía Local.
Efectivos do Grupo de Emerxencias do Val Miñor revisaron o estado en que quedou o teito para evitar novos desprendementos.
Selaron tamén de xeito provisional a zona descuberta para evitar que entre a chuvia.
Algúns vehículos resultaron danados polas chapas pero non houbo persoas feridas.