Un estudante de 13 anos faleceu e outro resultou ferido leve tras caerlles enriba unha parede dos vestiarios no instituto Número 6 de Ourense.
Foi unha persoa a que alertou o 112 pasadas as 14.00 horas e solicitaban os servizos de emerxencia porque podería haber persoas atrapadas.
Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias, Bombeiros de Ourense e a Policía Local.
Os axentes cortaron o acceso á rúa Camiño Antigo Cudeiro, que da acceso ao centro.