viernes, noviembre 29, 2024
InicioComarcasLouriñaMalvela recibe o premio Mestras da Memoria 2022

Malvela recibe o premio Mestras da Memoria 2022

Foille entregado nunha gala en Lugo.

O grupo mosense Malvela foi protagonista o pasado venres da Gala dos Premios Mestra e Mestre da Memoria 2022, na que recibiu o Premio Mestras da Memoria 2022.
A Gala dos Premios Mestra e Mestre da Memoria 2022 é unha actividade desenvolta pola Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.
A Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, previa deliberación do Grupo de Traballo composto por Ana Acuña, Félix Castro Vicente, Carme Pernas Bermúdez, Calros Solla, Xurxo Souto, Xosé Manuel Varela, Lois Pérez e Antonio Reigosa, propuxo ao Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega recoñecer como Mestras e Mestre da Memoria 2022 respectivamente a Malvela e Faustino Luís Seoane, polas súas achegas á mesma ao longo das súas vidas, contribuíndo así a manter viva unha parte fundamental da nosa memoria colectiva e o saber popular.

As distincións entregáronse no marco da VII Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria celebrada en Lugo, co apoio do Concello de Lugo, o 21 de outubro. O acto tivo lugar no Centro Cultural Vello Cárcere de Lugo desde as 18:00 horas.
O mosense grupo de folk galego interxeracional, creado en Sanguiñeda, foi o galardoado coa condecoración de Mestras da Memoria 2022.
Malvela está integrado por 13 cantadeiras (Matilde, Silvina, Fita, Clara, Carmiña, Señora Carmen (falecida), Lina, Maruxa, Dina, Aurita, Teresa, Merche e Adela), acompañadas por 6 músicos: Gustavo Domínguez (acordeón), Raquel Domínguez (gaita), Pablo Ces (bombo), Anxo Pardo (tamboril), Abilio Santos (cavaquiño) e Ana Senlle (dirección vocal).

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS