domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta recorre a Lei de Costas ante o Tribunal Supremo

A Xunta recorre a Lei de Costas ante o Tribunal Supremo

A Xunta recorrerá ante o Tribunal Supremo a reforma do regulamento de Costas para manter a actividade económica e garantir o emprego no litoral.

Alfonso Rueda:

O anuncio fíxoo o presidente galego, Alfonso Rueda, esta mañá tras o Consello da Xunta.

 Rueda sinalou que o seu Executivo deu luz verde a esta decisión á que xa se comprometeron cos representantes da cadea mar-industria.

Rueda entende que é «perxudicial» esta modificación para as empresas galegas.

«Entendemos que limita e vulnera dereitos recoñecidos na lexislación de costas vixente e polo tanto entendemos que un regulamento non pode diminuír dereitos que están recoñecidos nunha lei, e cremos ademais que vulnera competencias autonómicas», afirmou Rueda.

O Goberno galego adopta esta decisión co obxectivo de defender a viabilidade da actividade deste sector fronte ás “medidas cada vez máis restritivas” que impón o Executivo central que, ao seu xuízo, busca “erradicar” calquera actividade humana e económica do litoral.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS