O Concello de Ponteareas estuda o custo a maiores que suporá para á administración local o novo convenio.
«Xa non hai risco de folga no servizo de recollida do lixo de Ponteareas». Así o asevera a alcaldesa da vila do Tea, a nacionalista Cristina Fernández Davila, nos micrófonos de Si Radio de Galicia. O luns, O Concello, e os representantes do cadro de persoal así como a empresa concesionaria firmaron o preacordo para o novo convenio que recolle melloras salariais e laborais.
Polo de agora, o Concello de Ponteareas non ten cuantificada a cantidade a maiores que suporá para as arcas municipais o novo convenio.
Escoita a entrevista completa coa alcaldesa, Cristina Fernández Davila: