O Consello da Xunta aprobou hoxe, en sesión extraordinaria, o proxecto de Orzamentos de 2023 para Galicia. Este xoves pasarán ao Parlamento para a súa tramitación. Son unhas contas de 12.620 millóns, un 8,5% superior ao do ano pasado.
Alfonso Rueda:
As contas que entrarán en vigor o 1 de xaneiro de 2023 inclúen 128 millóns de euros «en aforros fiscais» para os galegos, segundo explicou o presidente galego, Alfonso Rueda.
Un Orzamento deseñado para «protexer Galicia ante as incertezas de 2023», asegurou Rueda, quen resaltou que se trata dun «compromiso reforzado» fronte o contexto económico de «sombras» que se prevén no próximo ano.
A Xunta non só esgotou o teito de gasto de 12.599 millóns de euros senón que o superou, e ademais os orzamentos inclúen 9.600 millóns de euros para gasto social -sanidade, educación, servizos sociais e fomento do emprego-, que é «o maior da historia de Galicia», destacou o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos.