lunes, noviembre 18, 2024
InicioNewsO PaísRueda garante a Uruguai a colaboración da Xunta para potenciar as relacións...

Rueda garante a Uruguai a colaboración da Xunta para potenciar as relacións comerciais

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, trasladou ao presidente de Uruguai, Luis Alberto Lacalle Pou, a colaboración de Galicia para potenciar as relacións comerciais ás dúas beiras do Atlántico.

 O titular do Goberno galego e o mandatario uruguaio mantiveron este luns un encontro, encadrado na xira que Alfonso Rueda está a realizar por Suramérica, no que abordaron diferentes cuestións de intereses para ámbolos dous pobos, unidos por unha historia común e polos lazos de sangue aos que deu lugar a emigración.

Entre outras cuestións, concordaron na conveniencia de afondar nas relacións comerciais en sectores de interese mutuo, como a agricultura, a industria forestal, a farmacéutico, o sector naval ou as grandes infraestruturas, que xa deron lugar nos últimos anos a frutíferas transaccións. Rueda amosou tamén a predisposición de Galicia a colaborar co Uruguai no desenvolvemento do sector pesqueiro aportando a súa experiencia e coñecemento na materia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS