O alcalde, Carlos Gómez, explica que «o encoro está agora ao 29%».
O Concello de Baiona vén de emitir un bando no que prohibe o emprego da auga para usos non esenciais. Trátase dunha medida que toma a administración local dada a situación de alerta por seca do municipio no que o encoro «está ao 29%», segundo explica o rexedor, Carlos Gómez, en Si Radio de Galicia. Preocupa esta cifra porque «unha vez que baixe do 15% a calidade da auga merma».
Polo de agora, o municipio ten a auga suficiente para «ao sumo cinco semanas». A partir de ahí, se as precipitacións que prognostica Meteogalicia para os vindeiros días no sur da provincia non son suficientes «tomaranse outras medidas, sempre consensuadas cos técnicos».
Escoita a entrevista completa co alcalde de Baiona, Carlos Gómez, aquí: