Faino para o Programa de reforzo educativo para a obtención do título da ESO para adultos e para un curso de Comunicación empresarial en inglés
A Aula UNED do Porriño abre a inscrición nos seus dous primeiros cursos de extensión universitaria.
A primeiro deles, o Programa de reforzo educativo para a obtención do título de ESO para adultos que se desenvolverá do 25 de outubro de 2022 ao 31 de maio de 2023 de maneira presencial. As clases impartiranse de martes a venres de 18.00 a 21.00 horas e os sábados de 10.00 a 13.00 horas e prepararanse as materias incluídas nos tres eidos dos que consta a proba (científico-tecnolóxico, comunicación e social). Está dirixido a maiores de 18 anos que non dispoñan desta titulación. A matrícula ordinaria é de 40 euros e gratuíta para o alumnado empadroado no Porriño.
A segunda, o curso de Comunicación Empresarial en Inglés dirixido a todas as persoas interesadas cun nivel de inglés xeral de partida preferiblemente igual ou superior a B1. O alumno adquirirá os coñecementos necesarios para efectuar con éxito comunicacións verbais e non verbais en lingua inglesa que lles permitirán desenvolverse socioprofesionalmente no eido internacional.
O curso desenvolverase do 28 de outubro do 2022 ao 17 de febreiro de 2023 (en horario de tarde) podendo elixir a asistencia presencial ou a online en directo ou en diferido. Componse de 40 horas lectivas, 2 créditos ECTS. A matrícula é de 80 euros.
Máis información:
UNED Pontevedra-Aula Universitaria do Porriño. (Multicentro de Torneiros)
986851850 / negociadodealumnos@pontevedra.uned.es