Galegas e galegos que reciben as pensións máis baixas terán un ingreso complementario de 220 euros a final de ano.
Despois de 10 anos conxelada, actualízase esta paga única.
As galegas e galegos pensionistas que cobran menos recibirán o próximo ano un complemento de 220 euros, un 5 % máis que este ano. Os 38.000 maiores con pensións non contributivas recibirán esta axuda da Xunta de forma automática, sen necesidade de solicitala.
A previsión é que se poida cobrar antes de que remate este mesmo ano, coincidindo co Nadal. Os perceptores recibirán unha transferencia bancaria por importe de 220 euros.
Galicia é unha das poucas comunidades que mantén este complemento para as pensións máis baixas.