O proxecto corre perigo de non contar coa colaboración do Concello.
O Concello de Ponteareas xa non atende as chamadas da asociación educativa e sociocultural Sportkids. A organización trata de impulsar un espazo único para o adestramento de diferentes modalidades do ciclismo que incluiría unha rampa «airbag» de 3 metros de alto para practicar saltos sen que os usuarios e as usuarias corran perigo de lesionarse. Faino saber así o presidente, Marcos Porto, e explica que xa lograron a cesión a 25 anos do campo de fútbol de Moreira.
O proxecto ten un orzamento de 150.000 euros dos cales a asociación asumirá unha gran parte do total, pero requiren a colaboración do Concello de Ponteareas para poder sacar adiante este proxecto. O presidente de Sportkids asevera en Si Radio que se puxo en contacto coa administración local en maio deste ano para pedir a súa colaboración no traslado de terra para darlle forma ás instalacións e áinda que nun primeiro momento o Concello amosouse disposto a colaborar, aprazaron a súa axuda para despois da Festa do Corpus e, más tarde, para cando os traballadores municipais terminaras as vacacións. Agora, di Porto, «xa nin collen as chamadas».
De non contar co apoio do Concello, o proxecto corre perigro di Marcos Porto. Escoita a entrevista completa aquí: