domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaMesa Sectorial ‘GPS ao emprego’ en Mos

Mesa Sectorial ‘GPS ao emprego’ en Mos

Celébrase o xoves, 6 de outubro, de 10.00 a 12.00 horas, contando coa asistencia da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e da concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro.

A iniciativa atópase incluída no Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos e será conducida pola súa directora, Cecilia Prieto.
Desenvolverase no espazo colaborador ZEN SUITE GARDEN, dirixido por Alberto Alonso, autónomo mosense cunha ampla experiencia e longa traxectoria de emprendemento.
Participan na mesa 5 importantes empresas do municipio, representadas polos seus respectivos responsables de recursos humanos e selección de persoal:

  • VEGALSA: Tania Herbojo- Técnica de Selección VEGALSA- Eroski
  • ILUNION: Sandra Lalín- Técnica de Selección ILUNION
  • BENTELER: Carlos Casal- HR Manager BENTELER
  • QUINTA DE RIVAS: Lucía Alonso- Emprendedora
  • FORMALAR: Camilo Gónzalez- Coordinador de Formación e Xestión de Calidade

Estas cinco empresas locais contarán as claves dos seus procesos de selección, o seu sistema de navegación do emprego. A continuación da mesa redonda realizarase un “Coffee-Break» participativo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS