A actuación conta cun orzamento de máis de 71.000 euros.
O Concello de Salvaterra de Miño vén de iniciar as obras de asfaltado de máis dun quilómetro do camiño municipal que une O Cordeiro con Ferreiros. Trátase dunha actuación que se atopa dentro da liña de mellora da rede municipal de estradas e viais e coa que se mellorará «o servizo ofrecido por esta infraestrutura aos seus usuarios, xa que se trata dun vial cunha relativamente elevada densidade de tráfico en relación as súas características», segundo a administración local. As obras contan cun orzamento de execución de máis de 71.000€.
Esta obra está financiada con cargo á subvención concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería de Medio Rural ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais 2022-2023 e achega municipal con cargo ao orzamento do Concello