lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísA Fiscalía pide 30 anos por matar á súa muller en...

A Fiscalía pide 30 anos por matar á súa muller en Gondomar

O home acusado de matar a súa muller en Gondomar, enfróntase a 30 anos de prisión. O fiscal considera que o presunto agresor actuou movido por razóns de «dominación e desprezo» cara á súa parella, segundo di no escrito de acusación provisional que xa presentou.

A vítima tiña severos problemas de mobilidade. Atopárona con 16 feridas de arma branca, catro delas mortais.

Os feitos tiveron lugar en decembro de 2020 na parroquia de Mañufe, no domicilio familiar de ambos. Valentín Alonso, que daquela tiña 64 anos de idade, matou presuntamente a coiteladas a súa muller, de 59. A muller tiña 16 feridas de arma branca, catro delas eran mortais.

Acto seguido, o home tratou de suicidarse; tratou de cortarse as veas co mesmo coitelo co que acoitelara a súa muller, Soledad Rey.

A vítima deixara unha carta sobre o maltrato que sufría por parte da súa parella.

Actualmente está en prisión preventiva á espera de xuízo, que non se celebrará antes do ano que vén, e será con xurado popular.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS