Entrevista cun dos impulsores da coperativa.
A cooperativa Alcouve da Moura apareceu para cubrir unha necesidade que tiñan os seus socios. Os tres, Simón, Martín e Roberto, coinciden na posibilidade de vivir cultivando as terras que hoxe xa non se traballan na comarca do Baixo Miño. Tamén optaron por seguir criterios de sustentabilidade e facer o posible para conseguir uns produtos de horta aplicando boas prácticas.
Despois de tres anos en pé seguen mantendo o espírito da súa filosofía sabendo que loitan, moitas veces, contra unha cultura de consumo que só ten como referencia o prezo do produto sen reparar no valor social de pequenas cooperativas ou empresas do rural que non poden competir en igualdade coas grandes distribuidoras.
Eles din que hai futuro na agricultura ecolóxica e na agricultura en xeral e só cren que se precisa máis vontade, traballo e acompañamento das administracións.
Escoita a entrevista compelta aquí: