Trátase dun dos principais eixos do Plan Corresponsables da Federación pola Igualdade das Mulleres da provincia de Pontevedra.
A Federación pola Igualdade das Mulleres da provincia de Pontevedra ten un plan. Un plan co que pretenden impulsar o certificado de profesionalidade no coidado de menores de ata 16 anos, en colaboración coa Xunta de Galicia. Entre outros obxectivos, destaca «dignificar o sector dos coidados».
Escoita a entrevista completa coa presidenta de FEMUPO, Raquel Touriño:
Amáis, explica en Si Radio a iniciativa de Drink Safe, un coletero a proba de sumisións químicas.