A administración local financiou con fondos propios un total de 17 actuacións neste 2022
Co remate do asfaltado do Camiño da Coviña en Petelos, queda finalizado o último vial do Plan Municipal de Asfaltados deste ano. Ata o devandito vial desprazáronse esta mañá a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto.
A administración local mosense financia con fondos propios o total de 17 asfaltados que suman unha lonxitude total de 5 quilómetros. Os traballos comezaron a principios do verán e remataron agora neste Camiño da Coviña en Petelos.
Para levar a cabo este Plan anual, o Concello de Mos licitou un contrato de obras, que se financia con fondos propios da administración local mosense e ascende a preto de 400.000 euros. O Plan de Mellora de Camiños Municipais deste 2022, mellorou mediante a reposición do firme, camiños municipais de todas as 10 parroquias mosenses.
O Concello de Mos optimizou a seguridade no seu viario municipal con 17 asfaltados que suman unha lonxitude total de 5 quilómetros.
Hoxe no Camiño da Coviña a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto declararon que “o Concello de Mos mantén o seu compromiso anual de desenvolver un Plan de Mellora de Camiños Municipais en aras de optimizar a seguridade vial no viario local”.
O Plan de Mellora de Camiños Municipais deste 2022, mellora a seguridade viaria, mediante a reposición do firme, en 17 camiños municipais de todas as 10 parroquias mosenses, que suman unha lonxitude total de 5 quilómetros.
O Concello de Mos ten como obxectivo que o viario municipal se atope nas mellores condicións de uso, o que supón un garante na seguridade viaria, é por elo que se promoveron estes 17 asfaltados no termo municipal.