O Concello levará a pleno, antes de que finalice o ano, unha modificación da ordenanza para que se poidan licitar outro tipo de servizos como, por exemplo, unha cafetería.
A Guarda opta a unha subvención de máis de 260.000 euros dos Fondos Europeos para modernizar o mercado municipal. Algunhas das accións concretas que se incluirían dentro desta actuación serían a instalación
de taquillas intelixentes para a recollida de pedidos fóra do horario comercial do mercado, un programa de formación e mentorización individual para os praceiros e as praceiras sobre ferramentas dixitais e fomento da economía circular, a creación dun observatorio do comercio, campañas de marketing dixital, diversas actuacións para fomentar a redución no uso de bolsas e envoltorios de plástico, ou a creación dun espazo denominado “A cociña do mercado”, que se converterá nun foco de actividades de dinamización e posta en valor dos produtos do mercado.
Amáis, o Concello levará ao pleno unha modificaicón da ordenanza para que se poidan incluir outro tipo de servizos no espazo.
Escoita a entrevista completa coa concelleira de Desenvolvemento Local, Fátima Rodríguez: