domingo, noviembre 17, 2024
InicioComarcasLouriñaVolven as clases de defensa persoal para mulleres no Porriño

Volven as clases de defensa persoal para mulleres no Porriño

A formación é gratuíta e non se require inscrición previa

As clases de autodefensa para mulleres, impulsadas pola Concellería de Igualdade, volven este sábado tras o parón estival. Impartiranse no ximnasio Jovhen Sport , de 10.00 a 12.00 horas.
Dende o Concello do Porriño convidan a todas as mulleres interesadas en recibir esta formación a acudir a estas clases, que son totalmente gratuítas e para as que non se require inscrición previa. Tan só é necesario acudir á hora sinalada anteriormente con roupa deportiva e ganas de aprender.
O curso, organizado polo Concello coa colaboración do Ministerio de Igualdade, o Pacto de Estado contra a violencia de xénero e á Policía Local, conta con monitores de defensa persoal que, en colaboración con axentes da Policía Local, ensinan ás participantes técnicas de fácil asimilación para repeler os ataques máis habituais.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS