domingo, noviembre 17, 2024
InicioComarcasLouriñaMos deféndese das acusacións da Deputación

Mos deféndese das acusacións da Deputación

Xeráronse a raíz da colocación dun cartel informativo da execución dunha obra.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, considera “un ataque á autonomía local que a Deputación acuse ao Concello de incumprir as bases do Plan Concellos pola colocación dun cartel informativo (que non propagandístico, como din desde a administración provincial) da próxima senda do Foxo Vello, en Pereiras, polos seguintes motivos:
1º) O Concello de Mos é o redactor e promotor do devandito proxecto.
2º) Certamente a obra acometerase con fondos provinciais, pero que lle corresponden ao Concello de Mos por número de habitantes. A Deputación non lle regala nada a Mos.
3º) O cartel instalado é un cartel informativo que anuncia a vindeira execución do proxecto. Non é o cartel oficial de obra que debe colocar a empresa construtora con toda a información detallada de orzamento e entidade financiadora, e que se instala unha vez adxudicada a obra á empresa concesionaria da mesma; trámite ao que aínda non se procedeu, por iso ese cartel non está colocado aínda.
4º) Nos Cabaleiros, parroquia de Mos, zona que será tamén mellorada cunha senda cicloturista e peonil que irá desde o Alto de Barreiro ata O Santiaguiño (con subvención da Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia), o Concello de Mos instalou tamén na mesma data outro cartel informativo, tamén sen o escudo da administración autonómica e de idénticas características ao do Foxo Vello en Pereiras, e non houbo ningún tipo de queixa nin represalia por parte da Xunta.
5º) A administración local ten dereito e autonomía propia para informar á veciñanza das actuacións que se van acometer proximamente nos seus barrios e ou parroquias.
6º) É lamentable que se dramatice e criminalice unha acción meramente informativa. A reacción da Deputación de Pontevedra e do deputado Santos Héctor é de todo desproporcionada e o único que vén a demostrar é que molesta que na administración local mosense se fagan ben as cousas, se informe aos veciños e se leve a cabo unha xestión eficaz e eficiente”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS