domingo, noviembre 17, 2024
InicioComarcasLouriñaMos felicita ao seu Míster España Supranational

Mos felicita ao seu Míster España Supranational

Iván Álvarez Guedes, mosense, enxeñeiro de profesión, foi proclamado míster o pasado agosto en Nerja

O pasado 6 de agosto, o mosense Iván Álvarez Guedes, enxeñeiro de loxística no sector sa automoción, foi proclamado Míster Supranational na Gala Final de Míster RNB España 2022, motivo polo cal foi recibido pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a corporación municipal no salón de sesións do Concello, para felicítalo polo seu éxito.

Iván Álvarez Guedes foi elixido Míster Supranational na Gala Final de Míster RNB España 2022 celebrada o pasado agosto en Nerja e representará a España na 7ª edición de Mister Supranational que terá lugar no verán de 2023 en Polonia. O Centro Cultural Villa de Nerja acolleu a Gala Final de Míster RNB España 2022 na que se elixiron aos representantes nacionais para os principais concursos Grand Slam de beleza a nivel internacional.

Tras o veredicto do xurado, Pablo Estrada, representante de Soria, proclamouse Míster RNB Caballero Universal. Abel Muelas, de Badaxoz, é o novo Míster RNB España Global. Pola súa banda, Borja Ramo, candidato por Teruel, representará ao noso país como Míster International. E finalmente, Iván Álvarez, representante de mosense, foi proclamado Míster Supranational. Ademais, resultaron finalistas Trino Ávila de Navarra e Odei Jainaga de Bizkaia.

Nesta gala competiron 52 candidatos (1 de cada provincia). Dos 52, elixíronse a un total de 4 gañadores, cada 1 representará a España nun concurso internacional (Míster Supranational-o mosense Iván Álvarez, Míster International, Míster Global e Caballero Universal).

Iván Álvarez presentou na súa candidatura a Míster RNB España 2022, da que finalmente resultou vencedor como Míster Supranational, un proxecto social realizado con AECC Pontevedra, e que foi un dos mellor valorados no concurso.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS