domingo, diciembre 22, 2024
InicioComarcasO CondadoA Xunta comeza a reparar a Estación de Ponteareas

A Xunta comeza a reparar a Estación de Ponteareas

A actuación conta cun investimento de 48.000 euros.

A Xunta de Galicia vén de iniciar as obras de reparación na Estación de Autobuses de Ponteareas. Trátase dunha actuación que conta cun orzamento autonómico de máis de 48.000 euros.

Repararanse as instalacións eléctricas e a de fontanería, eliminarase as barrerias arquitectónicas para acceder ás dársenas e serán accesibles dende a propia rúa e se acondicionarán os servizos, entre outros traballos.

A Consellería de Infraestruturas xestiona de maneira temporal a Estación de Ponteareas pero a administración autonómica consideraba necesario realizar as reformas «dado o estado deficiente» da instalación no momento da entrega por parte do Concello.

A empresa que ten adxudicado o servizo é a mesma que xestionará a de Vialia, en Vigo, xunto coa de Cambados e Cangas. Segundo apunta a administración autonómica, entrará en funcionamento o contrato cando a estación de Vialia estea operativa. Para iso, di a Xunta, só queda que o Concello termine cos accesos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS